Sarria publica as bases dun novo obradoiro de emprego
O Concello de Sarria publica as bases xerais do obradoiro de emprego Sarria. Camiño de Santiago II, no que se ofertan 20 prazas para alumnos/as traballadores/as para un posto de pavimentos e albanelería de urbanización.
O obradoiro de emprego Sarria. Camiño de Santiago II é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas mediante a realizacion de obras ou prestacion de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realizacion dun traballo efectivo que, xunto coa formacion profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a sua cualificacion profesional e favoreza a sua posterior inserción laboral no mercado de traballo.
Así pois, as actuacións a levar a cabo son: pavimentación do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo rural de Perros e a pavimentación do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo rural de Aguiada.
Aquelas persoas participantes estarán vinculadas á entidade convocante mediante a modalidade de contrato de formación e aprendizaxe durante unha duración de 9 meses a xornada completa.
Desta maneira, os participantes deberán cumprir os requisitos para poder asinar esta modalidade de contrato, polo que se desenvolve o contrato para a formación e aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, e percibirá as retribucións que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa vixente.
Para máis información pódese consultar a sede electrónica do Concello de Sarria ou chamar ao número de teléfono 982 535 000