Sarria recupera os sons de varias décadas coa terceira edición do Festival Bos Tempos

A Sociedade La Unión, en colaboración co movemento social e cultural Vilariño e co apoio do Concello de Sarria e da Deputación de Lugo, organiza a terceira edición do Festival Bos tempos, unha proposta musical e festiva que se celebrará este sábado, 4 de xullo, en Sarria.
O evento terá lugar nas instalacións de La Unión, e dará comezo ás 19:00 horas cun programa pensado para revivir algunhas das cancións e estilos máis representativos das décadas dos 80, 90 e dos anos 2000.
A programación contará coa actuación do grupo Los lunes al sol e tamén con diferentes sesións de DJ a cargo de Dono'Ortega, Gaset, Fialeiro, Soldev e Yorcch, nunha xornada na que a música será a principal protagonista.
Ademais das actuacións musicais, o festival incluirá unha zona de foodtruck e diferentes sorteos para os asistentes. A entrada será gratuíta, consolidando unha iniciativa que alcanza a súa terceira edición coa intención de seguir creando un espazo de encontro social e cultural en Sarria.