Sarria súmase á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI

SarriaXa
A Concelleira de Políticas Sociais e Igualdade, Ana Isabel Vergara López, lerá o manifesto este venres 28
Orgullo LGTBI
Orgullo LGTBI
27 Xuño 2024

Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, o Concello de Sarria súmase á celebración na reivindicación do dereito a vivir a sexualidade con liberdade e a diversidade sexual.

Por iso, este venres, día 28, a Concelleira de Políticas Sociais e Igualdade, Ana Isabel Vergara López, lerá o manifesto ás 13.00 horas na Praza da Constitución.

Ademais, desde o Goberno local recordan que desde xullo de 2023 o Ministerio de Igualdade puxo en marcha o Servizo 028 Arcoiris, de información e atención integral en materia de dereitos LGTBI, servizo telefónico no que obter información, asesoramento xurídico e atención psicosocial inmediata e especializada fronte a todas as formas de LGTBIfobia.

0.16608500480652