A carreira popular Sarria 10K volve á vila o vindeiro 29 de novembro

GaliciaXa | SarriaXa
A proba celebrarase o 29 de novembro e contará con percorridos de 10 e 5 quilómetros, unha andaina e carreiras para categorías escolares
Sarria-10k-2025
1 Oct 2026

Sarria acollerá o vindeiro 29 de novembro unha nova edición da carreira popular Sarria 10K, unha cita que volverá reunir atletas de diferentes puntos de Galicia cun programa que combina competición e deporte para todas as idades.

A proba contará cun percorrido principal de 10 quilómetros e outro de 5 quilómetros, ademais dunha andaina e diferentes carreiras destinadas ás categorías escolares. A iniciativa está organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Sarria, coa colaboración de CC Norte e Running Sarria.

Na pasada edición, arredor de 500 persoas participaron na carreira popular. O percorrido desenvolveuse integramente polo casco urbano de Sarria, cun trazado rápido e unha saída e chegada situadas na rúa da Liberdade, á altura do paseo do Malecón.

Na clasificación absoluta masculina, o triunfo foi para o pontevedrés Jorge Puig Malvar, seguido por Jarno Pousada Troitiño, de Lugo, e Ismael Viéitez Porto, de Pontevedra.

Na categoría feminina, a gañadora foi Luisa González Somoza, de Bóveda. O segundo posto correspondeu a Purificación Anegas Fernández, de Ourense, mentres que Natalia Rivas Suárez, de Sada, completou o podio.

0.11810398101807