Sarria xa conta cun Polo de Emprendemento e de apoio ao emprego

SarriaXa
A apertura do polo de Sarria responde a un dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nos primeiros 100 días desta Lexislatura
Polo-Emprendemento-Sarria-Xunta-de-Galicia
Polo-Emprendemento-Sarria-Xunta-de-Galicia
2 Xul 2024

A Xunta inaugurou un novo polo de emprendemento e de apoio ao emprego en Sarria, que supón o número 14 da Rede e o quinto na provincia de Lugo.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na posta en marcha desta nova oficina, na que se presta de xeito gratuíto apoio e asesoramento a calquera persoa que desexe emprender un negocio en Galicia o consolidar o que xa ten en funcionamento.

González puxo en valor no acto, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a iniciativa autonómica que arrancou en xullo de 2022 e que conta, polo tanto, con 14 polos activos, nos que xa se prestou asesoramento a máis de 2.000 proxectos empresariais en diferentes fases.

A apertura do polo de Sarria responde a un dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, nos primeiros 100 días desta Lexislatura, e busca, ao igual que co resto da Rede, dar formación e información ás persoas emprendedoras que o precisen co fin de xerar máis emprego de calidade en Galicia, co foco posto no rural. A Rede de emprendemento, polo tanto, busca dinamizar a economía loal e fomentar a iniciativa emprendedora na comunidade.

Neste senso, sinalou que o obxectivo da Xunta é xerar un ecosistema de apoio aos emprendedores a través de, entre outras medidas, os polos que se configuran no rural e nas cabeceiras da comarca como o de Sarria. En palabras de González, "as políticas de apoio ao emprendemento son clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia" e, por iso, explicou que é "tan importante explorar e saber aproveitar as oportunidades de negocio que ofrece a comunidade galega, apoiando ás persoas que estean dispostas a facelo".

0.17628717422485