Sarria xa ten nova sala fitness

SarriaXa
Sarria xa ten nova sala fitness que se estrea no marco de actuacións do Concello para mellorar o benestar dos cidadáns
Sala fitness Sarria
Sala fitness Sarria
16 dic 2022

Sarria vén de estrear a sala fitness do seu Centro Deportivo e de Saúde.

Esta apertura, xunto coa da piscina xa no mes de setembro, encádrase no marco de actuacións do Concello de Sarria por mellorar as instalacións do municipio.

Entre as renovacións de maquinaria, atópanse novas maquinas de cardio, cintas, elípticas e bicicletas, pero a sala fitness tamén incorpora un circuito de tonificación e peso libre.

As veciñas e veciños sarriáns poderán desfrutar dunhas xornadas de portas abertas nas que poderán entrar ás instalacións do centro deportivo e gozar da piscina e do ximnasio actualizados.

Desde as redes sociais do Concello e do centro deportivo fixéronse eco desta nova, que mellora o benestar dos cidadáns desta gran vila.