Seis explotacións gandeiras do Páramo, Samos e Láncara foron premiadas no concurso vacún das Feiras de Primavera

SarriaXa
Seis explotacións gandeiras do Páramo, Samos e Láncara foron premiadas no concurso vacún das Feiras de Primavera
Feiras Primavera O Páramo 3
Feiras Primavera O Páramo 3
12 Xuño 2023

A XLV edición das Feiras de Primavera do Páramo que tiveron lugar este fin de semana foron todo un éxito, segundo o goberno local, que resaltou a cantidade de xente que se achegou ao campo da feira durante os tres días, pero sobre todo o domingo.

O venres, día no que comezou este evento, o momento máis destacable foi o pregón a cargo de Jaime Lago, quen resaltou o traballo da asociación Amigos do Campo da Feira, que "levan a cabo un duro traballo para organizar as primeiras Feiras de Primavera, que foron un éxito, e pouco a pouco colleron auxe".

Durante o evento tamén estivo presente, entre outras autoridades como o propio alcalde do Páramo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen inaugurou as feiras e animou aos visitantes a participar destas e desfrutar das actividades propostas.

O sábado, pola súa parte, foi o gran día da Feira da Gando Vacún, no que se celebrou o concurso de vacún, no que participaron 140 animales e 27 vacas foron premiadas de seis ganderías do Páramo, Samos e Láncara.

Xa o domingo tivo lugar o día con máis afluencia de xente, xornada na que tivo lugar a Feira Cabalar, que contou co pase de domar cabalar con Duende Ecuestre de ‘Carracedo Burgos’.

0.17421817779541