Sons na Palleira leva a música clásica e folk ao Lar Social de Meigas e Trasgos en Sarria

O Lar Social da Asociación Cultural Meigas e Trasgos de Sarria volverá encherse de música o vindeiro 17 de outubro coa actuación de Sons na Palleira, unha proposta que combinará música clásica e folk da man dos músicos da propia asociación.
O concerto comezará ás 20:00 horas no Lar Social e ofrecerá ao público unha noite dedicada a estes dous estilos musicais nunha nova cita cultural organizada por Meigas e Trasgos.
A entrada terá un prezo de 15 euros, mentres que as persoas socias da entidade poderán acceder á actuación por un prezo reducido de 10 euros.