'Stretching Flow', a nova actividade deportiva que se desenvolverá en Samos
Samos acolle unha nova actividade deportiva neste curso 2024-2025 da man de Julieth, licenciada en Actividade Física e Deporte con 10 anos de experiencia en actividades dirixidas.
Así, as clases serán de Stretching Flow, que consiste en clases de mobilidade en grupo que fusionan ioga e pilates e á que se poden apuntar todas as persoas interesadas en probar, xa que unha sesión é gratuíta.
A través de exercicios dinámicos, de flexibilidade e respiración con música relaxante, as persoas que desfruten da actividade liberarán ao corpo de dores e tensións.
Con ela, conseguirase mellorar a coordinación e equilibrio no día a día, reducirase a rixidez, mellorará a capacidade de movemento e a axilidade, desestrarase o corpo e ademais pasarase un rato ameno e divertido en compañía.