Todo preparado para a IV Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria

SarriaXa
A sesión vermú, á chegada dos vehículos, estará amenizada por The Lioness Treasure
quedada-Club-Clásicos
quedada-Club-Clásicos
29 Xuño 2024

Este domingo, 30 de xuño, desenvolverase a IV edición da Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria organizada polo Club Clásicos.

Desta maneira, a partir das 9.00 horas terá lugar a recepción de vehículos y participantes no aparcadoiro Campo do Río, onde se verificará a documentación e entregaranse as acreditacións.

Xa ás 10.30 horas terá lugar a saída do primeiro vehículo para o inicio da ruta turística polas distintas localidades de Sarria, Samos e Triacastela, chegando de novo ao aparcadoiro Campo do Río ás 13.00 horas por parte do primeiro grupo e ata ás 14.30 horas, que chegará o último grupo e exporanse todos los vehículos participantes no parque pechado.

A esa mesma hora, terá lugar unha sesión vermú no xardín do restaurante Cinza e Lume, amenizada por The Lioness Treasure e ás 15.30 horas celebrarase a comida nese restaurante, para logo realizar os sorteos entre os participantes. Finalmente, rematará a IV Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria sobre as 20.00 horas.

0.14581799507141