Toni Ferreiro e Eva Castro estarán no DHU Vila de Sarria os vindeiros 13 e 14 de xullo

SarriaXa
Toni Ferreiro foi proclamado en tres ocasións como Campión de España de descenso e Eva Castro ten diversos títulos tamén arredor do ciclismo
David-DHU-Vila-de-Sarria
David-DHU-Vila-de-Sarria
27 Xuño 2024

Os organizadores do DHU Vila de Sarria, do DHGTeam, anuncian a participación neste descenso en bicicleta que terá lugar os días 13 e 14 de xullo polas rúas da vila de diversos profesionais do deporte ciclista.

Desta maneira, Toni Ferreiro será un dos aclamados ciclistas que estarán no evento, neste caso como embaixador de Merida Bikes, e que foi proclamado en tres ocasións como Campión de España de descenso e duas veces de Enduro. "Competindo a nivel mundial nas Enduro World Series Toni vén disposto a levarse o título unha vez máis do DHU Vila de Sarria", sosteñen.

Pola súa parte, tamén estará Eva Castro, que definen como "todo un exemplo de constancia e dedicación por este deporte, ademáis de ser Bronce Europeo 4x, Podium Copa do Mundo 4x, Campioa de España 4x, Podium Sea Otter Usa, Campiona Open de España Enduro, e demais títulos.

0.15406179428101