Trémola teatro representará 'Eu son de ciencias' na Casa da Cultura de Sarria

SarriaXa
A Casa da Cultura de Sarria acolle esta tarde, ás 17.
20 Abr 2024

A Casa da Cultura de Sarria acolle esta tarde, ás 17.00 horas, unha nova actividade para público infantil e familiar.

Trátase dunha obra de teatro chamada ‘Eu son de ciencias’, que chega da man do grupo de teatro Trémola Teatro, que xa actuou en diversas ocasións na vila sarriá.

Todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán facelo achegándose á Casa da Cultura esta tarde de maneira gratuíta.

0.16455698013306