Tres alumnas do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, entre os mellores expedientes de Galicia

SarriaXa
O IES obtivo un 97 % de aprobados na ABAU cunha media de 6,8 puntos
alumnas_ies_xograr
alumnas_ies_xograr
23 Xuño 2024

Tres alumnas de 2º de Bacharelato do IES Xograr Afonso Gómez foron recoñecidas onte no acto organizado polas tres universidades galegas por formar parte dos mellores expedientes de Galicia.

Dende o centro están moi orgullosos delas e de todo o alumnado que fixo que o IES obtivese un 97 % de aprobados na ABAU e cunha media de 6,8 puntos, superior á media do conxunto de centros galegos.

0.15808010101318