Triacastela acolle este domingo unha demostración de maquinaria forestal en monte

SarriaXa
A actividade terá lugar o 28 de xuño ás 12:00 horas nas inmediacións do centro médico e incluirá equipos para desbroce e traballos forestais
maquinaria-demostracion
28 Jun 2026

Triacastela acollerá este domingo, 28 de xuño, unha demostración de maquinaria forestal en monte nas inmediacións do centro médico da localidade, a partir das 12:00 horas.

A actividade ofrecerá unha mostra de diferentes equipos destinados a traballos forestais, entre os que se inclúen unha máquina autopropulsada para o desbroce e un robot desbrozador especialmente deseñado para este tipo de labores.

A demostración permitirá coñecer de primeira man o funcionamento destas ferramentas tecnolóxicas aplicadas á xestión e mantemento do monte, nunha iniciativa centrada na innovación no ámbito forestal.

0.11532187461853