Triacastela acolle o terceiro aniversario da Furgoteca cunha xornada aberta á veciñanza

SarriaXa
O CEIP Eduardo Cela Vila será o escenario dunha celebración que contará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma o 27 de febreiro de 11.30 a 13.30 horas
Celebración-aniversario-Furgoteca-Triacastela
11 Feb 2026

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles de Galicia, conmemorará o seu terceiro aniversario o vindeiro 27 de febreiro cunha celebración especial en Triacastela. O acto terá lugar no CEIP Eduardo Cela Vila e desenvolverase entre as 11.30 e as 13.30 horas, nunha xornada pensada para reunir á comunidade arredor da lectura e da cultura.

A actividade estará aberta a toda a cidadanía e incluirá a participación de Cé Orquestra Pantasma, que será a encargada de poñer ritmo e animación musical a un aniversario que busca ser unha festa compartida.

A proposta pretende converter a mañá nun encontro lúdico e cultural para persoas de todas as idades, coincidindo coa efeméride dun servizo que achega os libros e os recursos bibliográficos a distintos puntos de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.082319974899292