Triacastela acollerá a exposición ‘Φribio’, unha ollada artística á paisaxe do municipio

SarriaXa
A mostra de Ana Carballo Balboa poderá visitarse do 17 ao 28 de agosto na Fonte do Lunar
exposición-Oribio
4 Aug 2026

A Fonte do Lunar, situada xunto á Casa do Concello de Triacastela, converterase este mes de agosto nun espazo para a creación artística coa exposición ‘Φribio’, da artista Ana Carballo Balboa. A mostra abrirá as súas portas do 17 ao 28 de agosto e está inspirada na paisaxe e na contorna natural do municipio.

A inauguración terá lugar o día 17 de agosto ás 18.00 horas. A partir dese momento, veciños e visitantes poderán achegarse a descubrir unha colección de obras que toma como referencia os elementos naturais e a identidade paisaxística de Triacastela.

A exposición permanecerá aberta diariamente en horario de 18.00 a 21.00 horas, ofrecendo unha nova proposta cultural para desfrutar durante a segunda quincena do mes. A iniciativa busca achegar a arte ao público e poñer en valor a riqueza ambiental e visual dun dos concellos máis emblemáticos do Camiño Francés ao seu paso pola provincia de Lugo.

0.11773109436035