Triacastela acolleu unha xornada técnica sobre o control da rata toupa na montaña de Lugo

SarriaXa
A Consellería do Medio Rural organizou no CEIP Eduardo Cela Vila unha sesión informativa coa presenza de representantes autonómicos e municipais
xornada-rata-toupa-Triacastela
11 Apr 2026

O municipio de Triacastela acolleu unha xornada técnica sobre o “Control da rata toupa na montaña de Lugo”, organizada pola Consellería do Medio Rural.

A sesión desenvolveuse no CEIP CEIP Eduardo Cela Vila, onde a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, foi a encargada de recibir ás persoas participantes. No encontro tamén estivo presente o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

A iniciativa enmárcase nas accións de divulgación e formación impulsadas pola Xunta para abordar a problemática da rata toupa na montaña lucense, co obxectivo de mellorar o coñecemento e as ferramentas de control desta especie.

0.11002898216248