Triacastela aproba o plan especial de creación de solo industrial
SarriaXa
O Concello de Triacastela aprobou o Plan especial de creación de solo industrial para conseguir que se asentan empresas no municipio por primeira vez.
27 sep 2023
O Concello de Triacastela aprobou o Plan especial de creación de solo industrial para conseguir que se asentan empresas no municipio por primeira vez.
Esta zona, que terá unha superficie de 14.033 metros cadrados, servirá para uso industrial, pero tamén para crear servizos, viais e zonas verdes.
Durante os vindeiros dous meses este plan inicial, aprobado pola alcaldesa, Olga Iglesias, poderá ser examinado por veciños e veciñas do municipio na Casa do Concello para informarse de en que vai consistir e tamén para poder presentar alegacións e, despois, será enviado á Xunta para volver ao Concello de Triacastela para ser aprobado polo pleno do Concello.