A VII Festa do Peregrino e as festas na honra a San Mamede de Triacastela celébranse este domingo

O Concello de Triacastela vivirá este luns, 17 de agosto, unha intensa xornada festiva coa celebración da VII Festa do Peregrino e das festas na honra a San Mamede. A programación combinará actividades para todos os públicos, propostas culturais, música en directo e gastronomía, convertendo a vila nun punto de encontro para veciñanza, visitantes e peregrinos que percorren o Camiño de Santiago.
As actividades comezarán ás 12.30 horas coa Furgoteca e o fotoconto a cargo de Julio Varela. Unha hora máis tarde, ás 13.30 horas, celebrarase a misa na honra a San Mamede na Praza do Concello.
A sesión vermú dará comezo ás 14.00 horas e estará amenizada polo Dúo Belinda, que tamén participará na verbena nocturna.
A programación continuará pola tarde coa inauguración da exposición ORIBIO, da artista Ana Carballo Balboa, prevista para as 18.00 horas na Fonte do Lunar. Ás 19.00 horas será a quenda da Banda de Música da Comarca de Sarria, que ofrecerá un concerto na Praza do Concello.
Xa pola noite, ás 21.00 horas, celebrarase unha pancetada popular antes do concerto de Saha e Ryu, que subirán ao escenario ás 22.00 horas acompañados por Chechu como DJ e por DoctorAmor nos instrumentos de vento.
A festa rematará cunha gran verbena a partir das 23.00 horas, protagonizada por Tania Veiras y Los Cumbiapop e o Dúo Belinda.