Triacastela celebrará o 26 de setembro a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona

SarriaXa
A xornada reunirá artesáns e produtores locais con obradoiros, degustacións, concertos e actividades para todos os públicos
Festa-do-Peregrino-Triacastela
31 Aug 2026

Triacastela acollerá o sábado 26 de setembro a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona, unha cita coa que o municipio reivindica a tradición, a creatividade e a identidade cultural da contorna a través da artesanía e dos produtos locais.

A feira está promovida polas Asociacións de Mulleres Rurais de Triacastela e pola Asociación de Artesás do Telar ARTELAR, en colaboración co Concello de Triacastela. Ao longo da xornada, veciños e visitantes poderán participar nun programa de actividades dirixido a públicos de todas as idades, con obradoiros, degustacións, actuacións musicais e outras propostas.

A organización mantén aberto o prazo para que artesáns e produtores interesados en participar poidan inscribirse ou solicitar información a través do Concello de Triacastela, no teléfono 982 54 81 47.

O nome da persoa encargada de realizar o pregón será comunicado proximamente. Entre as actuacións musicais xa avanzadas figuran as de Antonio Barros e Louband.

0.14700508117676