Triacastela celebrou o terceiro aniversario da Furgoteca cunha festa aberta á veciñanza

SarriaXa
O CEIP Eduardo Cela Vila acolleu unha xornada cultural e lúdica entre as 11.30 e as 13.30 horas con música en directo e actividades arredor da lectura
Aniversario-Furgoteca-Triacastela
28 Feb 2026

Triacastela acolleu a celebración do terceiro aniversario da Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles de Galicia, nunha xornada festiva que se desenvolveu no CEIP Eduardo Cela Vila entre as 11.30 e as 13.30 horas.

A iniciativa reuniu á comunidade arredor da lectura e da cultura nun ambiente pensado para compartir e poñer en valor este recurso itinerante.

A actividade estivo aberta a toda a cidadanía e contou coa participación de Cé Orquestra Pantasma, que foi a encargada de achegar ritmo e animación musical a unha celebración concebida como unha festa colectiva.

A proposta converteu a mañá nun encontro lúdico e cultural dirixido a persoas de todas as idades, coincidindo coa conmemoración dun servizo que facilita o acceso aos libros e aos fondos bibliográficos en diferentes puntos de Galicia.

0.11916208267212