Triacastela prepárase para celebrar as festas de Santa María do Monte

SarriaXa
O día 14, a festa comezará ás 21:00 horas cunha churrascada popular, un dos eventos máis agardados polos veciños e visitantes
festas-fogos-artificiais-celebracion
9 Aug 2025

Os días 14 e 15 de agosto de 2025, a localidade de Triacastela vestirá as súas mellores galas para celebrar as tradicionais festas na honra de Santa María do Monte, cun programa cheo de música, gastronomía e relixiosidade.

O día 14, a festa comezará ás 21:00 horas cunha churrascada popular, un dos eventos máis agardados polos veciños e visitantes. A continuación, a noite estará amenizada pola verbena co Trío Manhattan, que promete facer bailar a todo o público coa súa música.

O día 15, as celebracións continuarán cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú co Dúo Explosión. Pola noite, o mesmo dúo encargarase de poñer o broche de ouro ás festas cunha nova verbena.

⚙ Configurar cookies
0.048220872879028