Triacastela recibiu a visita do Apalpador

SarriaXa

O Apalpador e a súa compañeira Alicia visitaron ao alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

22 dic 2022

O Apalpador e a súa compañeira Alicia visitaron ao alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

Os nenos e nenas desfrutaron das súas experiencias, traballando unha importantísima figura da cultura galega, o Apalpador do Courel, mentres que se enriquecía o coñecemento do alumnado en canto ao patrimonio natural e histórico de Galicia.

Ao finalizar, os nenos e nenas quixeron entregarlle ao Apalpador un recordo: un pequeno mural do Apalpador coa súa "Pandiga do Oribio", que transporta desazete castañas, representando cada unha delas aos nenos e nenas da escola.