Últimos días para anotarse á senda costeira que organiza a Asociación de mulleres de Paradela

SarriaXa
Últimos días para anotarse a la senda costera asturiana que organiza la Asociación de mujeres de Paradela para el 24 de abril.
Asociacion mulleres rurais paradela (3)
19 Abr 2022

A Asociación de mulleres de Paradela organiza unha senda costeira dende Tapia a Viavelez o vindeiro 24 de abril. As persoas interesadas poden solicitar a súa inscrición ata o próximo mércores 20 de abril.

Os participantes nesta cita quedarán no mercado gandeiro ás 8.00 horas da mañá, dende alí serán desprazados ata Tapia de Casariego onde farán unha ruta a pé pola costa Asturiana entre Tapia e Viavelez.

A ruta percorre praias, acantilados, prados, bosques e infinidade de lugares moi fermosos onde destacan Castro e Cabo Branco así como os miradoiros da Punta da Atalaia, Punta Centolleira ou Punta da Furada. Nesta cita os participantes tamén visitarán as praias da Porcia e a Praia de figo. Trala ruta, visitarase a vila de Viavelez.

Á hora de xantar os participantes serán desprazados ata o restaurante e, pola tarde, visitarán Tapia de Casariego onde poderán ver o porto pesqueiro e as praias famosas polas súas ondas.

O prezo para os socios será de 30 euros e de 40 para os non socios.

0.18453311920166