Un curso de coidados básicos para persoas con alzhéimer será impartido no Incio

SarriaXa
En colaboración con Afalu Alzheimer, desenvolverase no Concello do Incio para as persoas interesadas
maiores-alzheimer
30 sep 2024

O Concello do Incio, en colaboración con Afalu Alzheimer, ofrece no mes de outubro un curso de coidados básicos para persoas con alzhéimer.

A actividade será gratuíta para aquelas persoas que desexen participar, que xa se poden apuntar no Concello do Incio ou a través do correo afalu@afalu.org ou no teléfono 607 843 384.

A actividade desenvolverase no multiusos do Concello do Incio o día 23 de outubro en horario de 17.00 a 20.00 horas.

0.080495119094849