Un grupo de Alcóholicos Anónimos fixo o Camiño de Santiago desde Sarria

SarriaXa
Un grupo de Alcohólicos Anónimos chegados de todas partes de España comezou o Camiño de Santiago, a través do Camiño Francés, desde Sarria, para percorrer Paradela, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e chegar a Santiago.
alcoholicos anonimos sarria
alcoholicos anonimos sarria
6 oct 2023

Un grupo de Alcohólicos Anónimos chegados de todas partes de España comezou o Camiño de Santiago, a través do Camiño Francés, desde Sarria, para percorrer Paradela, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e chegar a Santiago.

A súa intención é proporcionar información sobre a enfermidade do alcoholismo nas localidades polas que pasen. Alcohólicos Anónimos, como o seu nome indica, é unha comunidade de persoas dispostos a compartir a súa experiencia para resolver o seu problema común e axudar a outros a recuperarse do alcoholismo.

Desde a organización explican que as adiccións que hoxe tanto abundan e tanta desesperación comportan, tamén o alcol, "denotan un baleiro interior espiritual e anímico, por iso ningún procedemento mellor para abordar esta adicción que un alcohólico que fala con outro alcohólico e que coñece o sufrimento que arrastra esta enfermidade".

Ao chegar a Santiago, este grupo de persoas terán unhas xornadas de reflexión durante toda a fin de semana na Casa de Exercicios Espirituais.