Un mural dun gran carballo realizado por Rubén Paz adorna o Ceip de Triacastela

SarriaXa
O artista Rubén Paz, tamén coñecido polo seu proxecto Trece Trazos, vén de decorar unha parede do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela cun mural no que representa un dos maiores símbolos de Triacastela, o carballo.
Ceip Triacastela mural 2
1 sep 2023

O artista Rubén Paz, tamén coñecido polo seu proxecto Trece Trazos, vén de decorar unha parede do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela cun mural no que representa un dos maiores símbolos de Triacastela, o carballo.

Así, mediante as súas pinturas e o seu talento, o artista agasallou aos veciños e ás veciñas do municipio, así como os nenos e nenas que acoden ás aulas agora en setembro, cun deseño dunha árbore tan significativa para o Concello como o carballo.

Con el, ademais de afondar no proxecto 'Navegando polo río Oribio' que o centro comezou o ano pasado, buscouse personalizar a fachada con algúns dos elementos máis emblemáticos do noso Concello, como son o río e o monte Oribio.

Trátase, segundo o director do centro, Alejandro González, "de que os nenos e nenas sintan a paisaxe e a identifiquen e estean orgullosos do lugar no que viven".

Ceip Triacastela mural
0.04790997505188