Un quinto negocio formará parte do viveiro de empresas de Paradela
O viveiro de empresas de Paradela xa está completo grazas á última incorporación dun negocio de maquinaria agrícola que completa así o quinto local que quedaba sen ocupar.
Os cinco locais contan con todos os servizos necesarios para levar a cabo a súa actividade económica e ocupan un espazo coas seguintes superficies: 172.38 m2, 373.65 m2, 353.12 m2, 353.12 m2 e 344.91 m2.
O local máis pequeno é o que foi reubicado para esta quinta empresa de maquinaria agrícola, que comparte con outras dúas sector e actividade para mellorar a vida dos gandeiros e agricultores.
Estas outras dúas empresas de maquinaria agrícola traballan á par, xa que unha encárgase dos repostos necesarios para a maquinaria e a outra é un taller que arranxa máquinas agrícolas.
As outras dúas empresas tamén son do sector industrial; unha delas está especializada na fabricación de foles e o rexedor di que é "moi moderna", e a outra é un establemento dedicado a robótica gandeira.
A Xunta de Galicia colaborou neste proxecto financiando o viveiro en aproximadamente 300.000 euros, nunha obra de máis de 500.000 e cuxa titularidade correspóndelle á Deputación de Lugo.