Un total de 244 persoas participaron da II Ruta Enduro de Triacastela

SarriaXa

A II Ruta Enduro Triacastela organizada polo Team Zennon de Becerréa en colaboración co Terremoto Club de Triacastela acolleu a participación de 244 persoas.

Enduro Triacastela
Enduro Triacastela
25 mar 2024

A II Ruta Enduro Triacastela organizada polo Team Zennon de Becerréa en colaboración co Terremoto Club de Triacastela acolleu a participación de 244 persoas.

Así, percorreron a Serra do Oribio coas súas motos, visitando os Concellos de Triacastela, Samos, Pedrafita e Folgoso do Courel na súa ruta.

Desde a organización do evento sosteñen que “foi unha ruta xenial, onde os participantes o pasaron moi ben e queren repetir". Ademais, cabe destacar que a ruta ten como obxectivo a conservación do rural con vida, "xa que a nosa prioridad é o mantemento de camiños e e pobos. Ademais, fomentamos o desfrute de todo tipo de deporte, sexa a pé ou a motor, e actualmente estamos recuperando camiños que levan 40 anos en desuso”.