Usuarios de ASPNAIS percorrerán un tramo do Camiño de Santiago

SarriaXa
Usuarios de ASPNAIS percorrerán este mércores en Paradela un tramo do Camiño de Santiago con motivo do bicentenario do concello
asociacion camino santiago cebreiro triacastela3
18 Jul 2022

Medio cento de usuarios de Aspnais realizan un tramo do Camiño de Santiago en Paradela con motivo do bicentenario do concello, estarán acompañados por representantes desde mesmo concello e da Xunta de Galicia.

Con motivo do bicentenario do Concello de Paradela, por colaboración entre o Concello e a Asociación de Pais e Titores de persoas con discapacidade intelectual – ASPNAIS – medio cento de usuarios desta institución lucense, o próximo mércores, percorrerán un tramo do Camiño de Santiago nas terras de Paradela, acompañados de formadores e directivos desta institución, representantes do Concello e da Xunta de Galicia.

Os camiñantes serán recibidos e agasallados en Ferreiros, arredor das 12.00 horas, polas autoridades que os acompañarán no Camiño, percorrendo a continuación o tramo entre os pobos de Ferreiros e As Cortes, de arredor de dous quilómetros.

No campo da festa de As Cortes almorzarán, e serán agasallados con tarta de Paradela. Voltarán a Lugo no autocar fletado polo Concello para este fin arredor das cinco da tarde.

0.15080189704895