Val de Láncara organiza un acto de conmemoración e un faladoiro polo Día das Letras Galegas

SarriaXa
Val de Láncara organiza un acto de conmemoración e un faladoiro polo Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio
val lancara 2
15 May 2023

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza para o 17 de maio, Día das Letras Galegas un acto de conmemoración que incluirá diversas actividades que terán lugar 17 horas na antiga escola de Láncara.

María Montes, profesora da USC, escritora e autora dun libro sobre as variedades da Fala no Val de Láncara, 'Aproximación ó léxico do Val de Láncara', será a protagonista do faladoiro sobre a herdanza lingüística e cultural de Láncara. O outro protagonista do acto será Lois Ladra, responsable do proxecto Corgoral de recuperación do patrimonio cultural no concello do Corgo.

Ademais desta iniciativa, no acto tamén se entregarán os premios do certame de debuxo e redacción convocado pola asociación, cos traballos dos nenos e nenas, seleccionados polo xurado. O acto será aberto a calquera persoa interesada.

Letras Galegas Val de Lancara
0.15116786956787