Val de Láncara organiza unha proxección da película "Rondallas" o 18 de decembro

SarriaXa
A actividade terá lugar ás 21.30 horas na antiga escola de Láncara e permitirá achegarse a unha historia sobre a música tradicional galega, a superación e a forza da comunidade
rondallas-pelicula
25 Nov 2026

A Asociación Cultural Val de Láncara promove unha nova actividade cultural coa proxección da película "Rondallas", que terá lugar o vindeiro 18 de decembro, ás 21.30 horas, na antiga escola de Láncara.

A película, dirixida por Daniel Sánchez Arévalo e protagonizada por María Vázquez, narra a historia dun pequeno pobo mariñeiro galego que, dous anos despois do tráxico naufraxio dun pesqueiro, decide recuperar a súa rondalla, unha agrupación de música tradicional na que participan persoas de distintas xeracións. A través da preparación para competir cunha localidade veciña, os protagonistas buscan deixar atrás o loito, recuperar a ilusión e reconstruír os lazos da comunidade.

A proxección terá tamén un significado especial para a entidade, xa que María Vázquez foi distinguida este ano pola Asociación Cultural Val de Láncara co Premio Facer País, un recoñecemento ao seu traballo e á súa vinculación coa cultura galega.

0.12789011001587