Vinte alumnos participarán nun obradoiro de emprego para o acondicionamento de zonas verdes

SarriaXa | RibeiraSacraXa
Un total de vinte alumnos poderán participar nun obradoiro de emprego para o acondicionamento de zonas verdes
obradoiro emprego apobra brollon
20 sep 2022

Da comezo unha nova edición do Obradoiro dual de Emprego A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio que conta coa colaboración destes tres concellos.

Na presentación do obradoiro participaron os alcaldes Xosé Lois Maceda (A Pobra do Brollón), José Manuel Arias (Bóveda) e Héctor Corujo (O Incio), así coma a directora do obradoiro, Verónica Quintela.

O obradoiro de emprego realízase grazas a unha subvención de máis de 500.000 euros da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, co obxectivo de que persoas traballadoras desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública ou interese social.

Ao longo dos vindeiros 12 meses, un total de vinte alumnos, xunto con tres monitores e a directora, recibirán formación e levarán a cabo traballos para crear e acondicionar zonas verdes de titularidade municipal, así como mantemento de rutas de sendeirismo nos tres municipios implicados.

Ao remate, os participantes recibirán un certificado de profesionalidade na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, complementado cun módulo formativo en operacións auxiliares en tratamentos silvícolas.

0.079387187957764