Volve o horario de inverno: na madrugada deste domingo 24 os reloxos atrasaranse unha hora

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
Esta modificación repítese dúas veces ao ano: unha a finais de marzo, cando se adianta o reloxo, e outra agora, en outubro
cambio-de-hora-veran-inverno
24 Oct 2026

Na noite deste sábado 24 ao domingo 25 de outubro rematará oficialmente o horario de verán e comezará o de inverno. Como cada ano por estas datas, ás tres da mañá haberá que atrasar o reloxo ata as dúas, o que permitirá durmir unha hora máis esa noite.

O cambio de hora, que se realiza sempre o último domingo de outubro, ten como finalidade optimizar o consumo enerxético e aproveitar mellor as horas de luz natural durante o día. Esta modificación repítese dúas veces ao ano: unha a finais de marzo, cando se adianta o reloxo, e outra agora, en outubro, cando se atrasa.

Porén, o debate sobre a súa utilidade continúa aberto dentro da Unión Europea. Hai anos que se fala da posibilidade de suprimir esta práctica e manter un único horario durante todo o ano, pero de momento non se tomou unha decisión definitiva.

Diversas administracións e expertos sinalan que existen outras medidas máis eficaces para fomentar o aforro enerxético tanto nos fogares como nas empresas, mentres outros defenden que o cambio de hora segue a ser unha ferramenta válida para reducir o consumo eléctrico.

0.15910005569458