Xa está aberto o prazo de inscricións para participar no DHU Vila de Sarria

SarriaXa
Os organizadores, do DHG Team, seguen confirmando algúns profesionais que participarán no evento
presentacion-DHU-Vila-de-Sarria-2023
presentacion-DHU-Vila-de-Sarria-2023
4 Xul 2024

O DHG Team vén de abrir o prazo de inscricións para as persoas que queiran formar parte do DHU Vila de Sarria os vindeiros 13 e 14 de xullo, tanto na parte de adultos, na que poderán participar ata 200 persoas, como no MINIDHU para os máis pequenos, no que poderán participar 100.

Ademais, tamén anunciaron novos profesionais do ciclismo que estarán en Sarria a vindeira fin de semana, como o piloto internacional de Marin Bikes, Bicitor Víctor Sáenz Durán, que tras conseguir a 3ª posición no Crankworx de Insbruck DH de Austria ou varios podios en Francia e Portugal, así como varios campionatos nacionais de Downhill e Pumptrack, nos que é actual lider, fará parada o 13 e 14 de xullo no DHU Vila de Sarria.

Pola súa parte, tamén estará a a actual campioa de España de DH e 5 veces campioa de España de Enduro, que pretende romper o crono do evento da vindeira fin de semana en Sarria. Esta é Sara Yusto.

0.078706979751587