Xa está completo o cartel das festas do Rosario de Sarria
As Festas do Rosario de Sarria, que terán lugar os vindeiros días 7 e 8 de outubro, acollerán varias e diversas actividades que xa están recollidas no seu cartel oficial, patrocinadas e coa colaboración da Deputación de Lugo, o programa Tradigalu, a Xunta de Galicia e o Concello de Sarria.
O sábado 7 a festa comezará a partir das 21.00 horas coa queimada popular na que participarán todas as persoas interesadas da man da Meiga Marilucha e coa música do DJ Patakiña.
Xa o domingo, o día comezará ás 12.00 horas coa misa cantada polo Coro Sarricanta e a procesión amenizada por Meigas e Trasgos. Despois, chegará a sesión vermú, amenizada por Meigas e Trasgos e Tania Veiras, co que se chegará ao momento do xantar popular.
A tarde, pola súa parte, acollerá unha actividade de pintacaras infantil para os máis pequenos e a música de Cé Orquestra Pantasma, e ás 20.00 horas será a quenda da banda Louband e, por último, volverá actuar Tania Veiras.