Xacobeo Rutas organiza para o Día do Pai unha senda pola Costa da Morte
SarriaXa
Xacobeo Rutas organiza para o Día do Pai unha senda pola Costa da Morte de 14 quilómetros e dificultade baixa
10 Mar 2023
O Grupo Xacobeo de Sarria organiza para o vindeiro 19 de marzo, día de San Xosé e do Pai, unha senda costeira pola Costa da Morte.
En concreto, será unha andaina de 14 km e de dificultade baixa que comezará na Praia das Furnas ata Corrubedo, pasando por diversas praias e o Faro de Corrubedo, ademais de polo Paseo de Basoñas.
Ao mediodía, os participantes comerán nun restaurante da zona e pola tarde visitarán o miradoiro Pedra da Rá e o Castro da Cidá, onde desfrutarán de vistas ao Parque Natural das Dunas de Corrubedo.
As persoas que queiran participar poden reservar ata o 16 de marzo no número 609 027 518 e terán que pagar 41 euros se non son socios e 38 euros se o son, que cubrirá os gastos de desprazamento, comida e seguros.