Xornadas abertas para os pais que queiran coñecer o CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela

SarriaXa
Xornadas abertas para os pais que queiran coñecer o CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela
Eduardo Cela Vila Triacastela
9 Feb 2023

O CEIP Eduardo Vila de Triacastela acolle durante todo o mes de febreiro e marzo unas xornadas de portas abertas para que os pais interesados en coñecer o centro educativo e o modelo de ensinanza poidan achegarse.

Esta iniciativa desenvólvese co que os veciños coñezan como é o proxecto dunha escola rural que ten como proxecto ‘Navegando polo río Oribio’ e así apuntar aos nenos e nenas ao CEIP no vindeiro curso.

O Eduardo Cela Vila pode visitarse entre as 9.45 horas e as 15.45 e conta con servizo de comedor e transporte, así como actividades extraescolares para os pequenos de informática, inglés e piscina climatizada.

Nesta escola, a aprendizaxe é individualizada, emocional e sostida na realidade mentres que o alumnado traballa en contacto coa natureza e se integran as familias.

Ademais, trabállase conxuntamente co CEIP de Samos e o CPI Uxío Novoneyra do Courel por ser considerados tamén como escolas rurais.

Para máis información, pódese contactar co número 982 828 289 ou no correo ceip.eduardo.cela@edu.xunta.gal.

0.15627288818359