Xulio Xiz será o pregoeiro das Feiras de Primavera de O Páramo

SarriaXa
O emblemático comunicador dará o seu pregón o venres ás 14.30 do mediodía, dentro das actividades da Feira do Gando Vacún.
8 jun 2022

O emblemático comunicador dará o seu pregón o venres ás 14.30 do mediodía.

Xulio Xiz é o escollido para ser o pregoeiro desta nova edición das Feiras de Primavera de O Páramo. Non será esta a súa primeira vez, pois xa con anterioridade se lle encomendou a mesma labor no municipio; a última ocasión no ano 2009.

Xulio Xiz (Vilalba, 1947) ten exercido como xornalista. escritor, guionista e produtor. Cabo de Carlos Rodríguez Arias, fundou e dirixiu a produtora "Ophiusa" no 1986, "Televisión Lugo" (1994) e o portal virtual "Galicia Dixital" (2000).

Nesta nova entrega das Feiras de Primavera de O Páramo, as actividades durarán tres días; do venres 10 de xuño ata o domingo. No primeiro día de xornada, o encontro versará sobre a Feira de Gando Vacún e haberá un xantar da terceira idade.  Xa o día 11, celebrarase a XII Festa da Xuventude e o  domingo será a quenda da Feira Cabalar.