A ANPA do CEIP Samos organiza unha tarde de xogos tradicionais este domingo

SarriaXa
A actividade celebrarase o 12 de xullo no campo da festa da vila e desenvolverase en quendas segundo a orde de chegada
praza-da-festa-Samos
10 Jul 2026

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do CEIP Samos organiza este domingo, 12 de xullo, unha xornada lúdica coa celebración dun Obradoiro de Xogos Tradicionais, unha iniciativa pensada para que as nenas e os nenos desfruten dunha tarde de lecer ao tempo que coñecen e manteñen vivas as tradicións populares.

A actividade terá lugar no campo da festa da vila, en horario de 17:30 a 20:30 horas. Os xogos desenvolveranse en quendas, que se organizarán segundo a orde de chegada dos participantes, facilitando así a participación de todos os asistentes.

Desde a ANPA animan ás familias a sumarse a esta proposta, que busca fomentar a convivencia, o xogo compartido e a recuperación dos xogos tradicionais como parte do patrimonio cultural.

0.11455512046814