A artista sarriá María Carretero trasládalle a Mariano Rajoy a situación "lamentable" da súa obra na vila

SarriaXa
O encontro produciuse no marco do Foro Global Sur Lanzarote 2026, onde o expresidente abordou os retos actuais de España e Europa
María-Carretero-Domingo-de-Famara-Maríano-Rajoy
15 Apr 2026

A artista sarriá María Carretero trasladoulle ao expresidente Mariano Rajoy a situación que cualificou de “lamentable” na que se atopa na actualidade a obra pública e urbana “Homenaxe ao Peregrino”, realizada entre 1993 e 1996 en Sarria, así como as intervencións que se están desenvolvendo ao respecto.

Durante o encontro ao que Carretero e Domingo de Famara foron convidados, no Foro Global Sur Lanzarote 2026, o exdirixente do Partido Popular analizou os principais desafíos xeopolíticos, económicos e institucionais que afrontan España e Europa na actualidade.

Durante a súa intervención, o expresidente tamén fixo referencia ao Camiño de Santiago, que realizou no mes de xuño de 2025 partindo desde Sarria.

Entre as anécdotas que compartiu, relatou con ton distendido que, cando ocupaba a presidencia, convidara á entón chanceler alemá Angela Merkel a facer o Camiño, asegurando con humor que a adiantara durante o percorrido, aínda que sen revelar o motivo.

A artista, ademais, lembrou que no ano 1998 fixo entrega a Mariano Rajoy unha réplica do Peregrino de Sargadelos nun encontro celebrado no Hostal dos Reis Católicos.

0.10982990264893