A Asociación Val de Láncara convoca un concurso fotográfico para elaborar o seu calendario de 2027

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza un concurso fotográfico para seleccionar as imaxes que ilustrarán o seu próximo calendario. A iniciativa está aberta á participación de todas as persoas interesadas, que poderán enviar fotografías relacionadas coa temática "Láncara" ao enderezo electrónico asociacionvaldelancara@gmail.com. O prazo de recepción rematará o vindeiro 1 de decembro.
O certame seleccionará un total de 14 fotografías, que pasarán a formar parte do calendario da asociación. As imaxes publicaranse co nome dos seus autores, que recibirán tamén dous exemplares do almanaque como recoñecemento pola súa participación.
A presentación do calendario e a exposición das fotografías participantes terán lugar o 6 de xaneiro, coincidindo coa celebración do Día de Reis. Nesa xornada tamén se realizará a entrega dos exemplares aos autores das imaxes seleccionadas.