A exposición ‘Tan coma ti’ achega a realidade das persoas con síndrome de Down a Sarria

SarriaXa
A mostra fotográfica inaugúrase o xoves 30 de abril e poderá visitarse na Casa da Cultura e no espazo O Garaxe ata o 29 de maio
Casa-da-Cultura-Sarria
28 Apr 2026

A Plataforma Diversa Infantil de Sarria e Down Lugo presentan ao público da localidade a exposición fotográfica ‘Tan coma ti’, unha iniciativa coa que se dá a coñecer a realidade actual das persoas con síndrome de Down. A mostra inaugúrase o xoves 30 de abril e permanecerá aberta ata o venres 29 de maio.

As imaxes, realizadas por usuarias e usuarios da Asociación Down Lugo, poderán visitarse en dous espazos diferentes: no Garaxe, local onde se atopa o Servizo de Atención Temperá da comarca de Sarria, e na Casa da Cultura de Sarria, ampliando así o alcance da exposición a distintos puntos da vila.

O acto de inauguración contará cunha visita guiada a cargo das propias autoras e autores das fotografías, nun encontro aberto ao público no que se busca favorecer a participación e achegar dunha maneira directa o proceso creativo e a mensaxe da mostra.

0.10617208480835