A Furgoteca fará parada en Triacastela en dúas xornadas no mes de maio

A Xunta de Galicia, a través do programa A Furgoteca, volverá achegar o servizo de bibliotecas móbiles ao municipio de Triacastela durante o mes de maio cun calendario de visitas repartidas en dúas xornadas.
A primeira delas terá lugar o 13 de maio coa denominada Ruta 2, que percorrerá diferentes localidades do concello ao longo da mañá e primeiras horas da tarde. O itinerario comezará ás 11:00 horas en Triacastela e continuará por Casa Niño Cabaciña, Toldaos, Santalla de Alfoz, Lagares, Cancelo, O Castiñeiro, O Teixo e O Biduedo, entre outros puntos.
A segunda visita está programada para o 28 de maio coa Ruta 1. Nesta ocasión, a Furgoteca estará de 11:00 a 11:30 horas na Casa Niño Entrepeques e posteriormente permanecerá en Triacastela, diante do concello, desde as 11:40 ata as 15:30 horas.
O servizo forma parte da rede de bibliotecas móbiles de Galicia e ten como obxectivo fomentar a lectura e facilitar o acceso á cultura no rural mediante préstamo de libros, actividades e recursos educativos para todas as idades.