A Furgoteca volverá percorrer Triacastela o 14 e o 28 de xullo con novas paradas nas parroquias e no casco urbano

SarriaXa
O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta achegará préstamos de libros e outros recursos culturais a distintos núcleos do municipio
Furgoteca-Triacastela-2025
13 Jul 2026

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, regresará ao concello de Triacastela os próximos 14 e 28 de xullo para achegar a lectura e os servizos bibliotecarios á veciñanza de diferentes parroquias e do casco urbano.

A primeira das visitas terá lugar o 14 de xullo, correspondente á Ruta 2, cun percorrido por distintos núcleos do municipio. O itinerario comezará ás 11.00 horas na Casa do Neno de Entrepeques e continuará pola Casa do Neno Cabaciña, Toldaos (San Salvador), Santalla de Alfoz, Lagares, Cancelo, O Castiñeiro, O Teixo e O Biduedo, con paradas programadas ata as 15.15 horas.

Pola súa banda, o 28 de xullo, dentro da Ruta 1, a Furgoteca permanecerá no casco urbano de Triacastela, xunto ao Concello, en horario de 11.00 a 15.00 horas.

Este servizo permite aos usuarios acceder ao préstamo e devolución de libros, revistas e outros materiais, ademais de contribuír a fomentar a lectura e facilitar o acceso á cultura nos municipios do rural galego.

0.13513207435608