A parroquia de Formigueiros de Samos celebra as súas festas na honra a Santiago Apóstol

A parroquia de Formigueiros de Samos celebra as súas festas na honra a Santiago Apóstol o vindeiro 25 de xullo.
Desta maneira, a primeira das actividades do día será a misa solemne ás 13.300 horas, seguida da sesión vermú a cargo de Solista Dani Pardo.
Así, todas as persoas interesadas en desfrutar desta festa poderán achegarse ao mediodía e tamén quedarse pola tarde, xa que haberá verbena amenizada polo Trío Remolinos.