A piscina municipal de Paradela abrirá as súas portas o 1 de xullo para a tempada de verán

O Concello de Paradela anuncia a apertura da Piscina Municipal para a nova tempada estival. As instalacións abrirán as súas portas o próximo 1 de xullo e permanecerán en funcionamento ata o 31 de agosto.
O espazo de lecer estará dispoñible diariamente en horario de 12:00 horas a 20:00 horas, ofrecendo unha alternativa para refrescarse e gozar do tempo libre durante os meses de maior calor.
Desde o Concello animan á veciñanza a aproveitar estas instalacións, xa sexa para pasar unha xornada en familia, compartir tempo cos amigos ou simplemente desfrutar dun momento de descanso e relaxación durante o verán. A administración local destaca que xa está todo preparado para recibir aos usuarios e converter a piscina nun dos puntos de encontro da tempada estival.