A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel, Samos e O Incio volverán a unirse nunha nova edición da Romaría dos 4 Cabaleiros

SarriaXa | RibeiraSacraXa
A cita deste ano celebrarase o sábado 4 de xullo
mesa-belen-catro-cabaleiros
10 May 2026

A Romaría dos 4 Cabaleiros, unha tradición recuperada hai poucos anos coa que se pretende promover a unión entre a veciñanza, volverá celebrarse o próximo ano.

O evento desenvólvese no Alto do Couso, un lugar simbólico onde conflúen os catro municipios de A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel, Samos e O Incio.

A Mesa dos Catro Cabaleiros é un símbolo de unión entre estes catro concellos lucenses, cheo de historia e tradición. Segundo a lenda que se transmite por estas terras, neste cume reuníanse na época medieval os señores que gobernaban estas catro zonas para tratar asuntos de xurisdición e resolver calquera tipo de discrepancia. Arredor desta mesa celebrábase cada ano unha festa o último sábado do mes de xullo, na que se xuntaban os catro alcaldes, acompañados por catro párrocos e catro gaiteiros, un en representación de cada concello.

0.126296043396