A SD Oural reforza a continuidade do seu cadro de persoal con dez renovacións para a tempada 2026/27

SarriaXa
O conxunto de Sarria asegura a permanencia de xogadores clave en defensa, medio campo, ataque e portería para afrontar con garantías a nova campaña
SD-Oural-Sarria-2026
16 Aug 2026

A SD Oural continúa perfilando o seu proxecto deportivo para a tempada 2026/27, e despois de conseguir a permanecencia en Primeira Futgal tras unha tempada moi esixente; coa confirmación dunha ampla batería de renovacións que permitirán manter a columna vertebral do equipo. O club de Sarria anunciou a continuidade de dez futbolistas que seguirán defendendo as súas cores durante o próximo curso.

Entre os xogadores renovados atópanse os defensas Edward, Munir, Nacho, Javi Arias e D. Arias, futbolistas que aportarán experiencia, intensidade e solidez á retagarda do equipo. Desde a entidade destacan o seu compromiso e a súa capacidade para ofrecer seguridade nunha liña fundamental para competir ao máximo nivel.

No centro do campo continuará tamén Cayuela, mentres que nas bandas seguirá Sergio, un dos extremos que continuará formando parte do proxecto deportivo do club para a nova tempada.

A planificación inclúe ademais a renovación dos gardametas Julián e Adrián, dous xogadores chamados a seguir defendendo a portería da SD Oural. O club subliña o seu traballo, compromiso e fiabilidade baixo paus como aspectos clave para afrontar con ilusión os retos do novo curso.

Completa a relación de renovacións Goyanes, que continuará formando parte do equipo como lateral e que achegará o seu coñecemento do grupo e da competición.

Desde a SD Oural destacan que estas renovacións supoñen un paso importante para consolidar unha base de xogadores que coñecen a identidade do club e o significado de vestir a súa camiseta. A entidade continúa traballando na configuración do plantel co obxectivo de afrontar a tempada 2026/27 con ambición e garantías.

0.11455798149109