A Sociedade Cultural La Unión organiza unha nova sesión de tardeo aberta a toda a veciñanza

SarriaXa
O grupo Trova Trío amenizará a velada na terraza da entidade a partir das 20:00 horas do sábado
Terraza-La-Unión-Sarria
10 Jul 2026

A Sociedade Cultural La Unión celebrará este sábado, 11 de xullo, unha nova xornada de tardeo aberta a toda a cidadanía de Sarria. A proposta desenvolverase na terraza da entidade a partir das 20:00 horas, combinando música en directo e un ambiente pensado para gozar da tarde e da noite de verán.

A actuación correrá a cargo de Trova Trío, formación integrada por Lolo, Lino e Marga, que ofrecerá un repertorio musical para acompañar unha cita na que os asistentes poderán compartir un momento de lecer ao aire libre.

Desde a Sociedade Cultural La Unión animan tanto aos socios como ao conxunto da veciñanza a participar nesta iniciativa, que será de acceso libre e busca converter a terraza da entidade nun punto de encontro para desfrutar da música en directo e do ambiente estival.

0.11471891403198